Dezaseis viños de Valdeorras, galardoados nas Distincións Gallaecia deste ano

Sete brancos e nove tintos obtiveron este recoñecemento promovido pola Asociación de Sumilleres de Galicia

Por X.M. Fernández | Vilamartín de Valdeorras | 25/08/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Denominación de Orixe Valdeorras segue acadando distincións e recoñecementos. O último deles hai poucos días nunha nova edición do seu concurso “Distincións Gallaecia”. Un total de 16 viños, sete brancos e nove tintos, foron distinguidos pola Asociación de Sumilleres de Galicia 

José Luis García Pando, presidente do CRDO Valdeorras. Fonte: Ideo Business
José Luis García Pando, presidente do CRDO Valdeorras. Fonte: Ideo Business

O presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando, traslada os seus “parabéns ás adegas e referencias premiadas” e considera que “os premios reflicten o bo facer vinícola existente en Valdeorras”.

As “Distincións Gallaecia” celebran este ano a súa 19ª edición. Ao longo deste tempo, o concurso consolidouse como un dos mellores e máis recoñecidos de Galicia no ámbito vitivinícola. Máis de 600 viños e destilados de todas as denominacións de orixe galegas participaron nesta edición.

De Valdeorras, un total e 104 viños tomaron parte este ano no concurso e os distinguidos, brancos e tintos figuran na web do propio Consello Regulador da D.O. Valdeorras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta