Os casos en residencias baixan en en tras seis negativos en Ribadeo e Monterrei

Nos centros de discapacidade, o número de total de usuarios contaxiados mantense en 51.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2021 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

Os casos de covid-19 nas residencias de maiores de Galicia descenderon ata os 111, tras negativizarse dúas infeccións no centro de Ribadeo e catro no Val de Monterrei. A estes seis negativos, súmase o falecemento dunha usuaria, de 93 anos, da residencia García Irmáns de Betanzos.

Así, o balance facilitado polo Sergas indica que quedan activos 72 casos da residencia As Gándaras, 27 positivos na residencia García Irmáns de Betanzos, cinco na residencia Santa Marta de Vigo, tres na residencia Soremay de Pontevedra, un caso en Santo Estevo de Perlío en Fene, outro na residencia DomusVi Matogrande da Coruña, un máis no centro de maiores de Ribadeo e outro na residencia Val de Monterrei.

CENTROS DE DISCAPACIDADE

Con respecto aos centros de discapacidade, o número de total de usuarios contaxiados mantense en 51, con 48 usuarios contaxiados no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Chapela-Redondela, e outro tres usuarios no Fogar e Clínica San Rafael de Vigo.

Dous traballadores conversan na porta da residencia das Gándaras, a maior da provincia de Lugo,a 17 de agosto de 2021.. Carlos Castro - Europa Press
Dous traballadores conversan na porta da residencia das Gándaras, a maior da provincia de Lugo,a 17 de agosto de 2021.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta