Vázquez, nos xulgados por dicir que o BNG apoia o terrorismo

O Conselleiro de Educación e o Bloque Nacionalista Galego convocados a un acto de conciliación nos Xulgados de Santiago de Compostela.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/01/2014 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

Representantes do Bloque e o Conselleiro de Educación estaban citados nos xulgados este mediodía para un acto de concilación. A Xustiza buscaba que as partes chegaron a un acordo, despois da demanda dos nacionalistas contra Jesús Vázquez.

O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, con Alberto Núñez Feijóo
O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, con Alberto Núñez Feijóo | Fonte: xunta.es

O político do PPdeG declarou a El País, en referencia ao BNG, que "se están descubriendo día tras día y a las pruebas me remito cuando apoyan a grupos terroristas". Cuestionado polas críticas á pregunta para elixir lingua nas aulas Vázquez tamén dixo que "quienes se oponen a ella están fuera del sistema democrático y de las leyes que ellos mismos votaron". Cómpre lembrar que a Xustiza anulou o carácter vinculante da polémica pregunta aos pais, unha das pezas claves do chamado "Decreto do Plurilingüismo".

Polo de agora non se coñece o resultado do acto de conciliación, pero parece complicado que haxa acordo entre as partes. Segundo informa La Voz, o conselleiro non acudirá aos xulgados e mandará a un representante. 

Polo tanto, o máis probábel é que un xuíz teña que determinar se a liberade de expresión ampara acusar ao Bloque de "apoiar a grupos terroristas". O BNG condenou o uso da violencia para lograr fins políticos en inumerábeis ocasións. O Bloque tamén critica a lexislación antiterrorista que permite, entre outros aspectos, que os acusados de terrorismo boten até tres anos na cadea sen xulgar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 oPPus gays

Boh! Estes c.... tenhem imunidade para fazer o que lhes pete.

3 galegotenerife

Pois nada neninhos. Vos o voso. Que debtanto criticar. Difamar e votar bosta riba de todo o mundo... acabaredes botandoa sobre vos mesmos . Di ti, que o que queredes e exiliarvos no imperio, cobrando polos servizos prestados. Xa non he que traizoedes a Galiza e a vosa amada constitucion marca espanha, estades vendendo os que confiaron en vos (eu non). El era un pitinho cairooooo Que se chamaba devesaaaaaa

2 Walton

E mentres tanto, unha correlixionaria de Jesusito de mi vida ponse a dicir no Concello de Sanxenxo que con Franco, os que non son da súa corda, estarían na cadea esperando a seren executados. Así é o partiducho que nos goberna.

1 eusi

E alguén cre que lle vai cair algo á PPaifocada? Se xuices e a caterva franquista son todos o mesmo! E enriba o Bng vai ter que pagar os custos!