"Y desde luego ese no es el tema, de si nos comunicamos con 200 millones de personas (que no son ni de lejos referentes económicos, quitando Brasil), es un problema de ser competitivo. El idioma de la economía es el inglés, para los brasileños, angoleños, alemanes o franceses".
Esqueceste de dicir que o idioma da economía tamén é o inglés para os españois, pois nen España é referente económico, ou científico mundial , e latinoamérica moito menos por suposto.
Eu non renego de ningunha das dúas línguas oficiais en Galicia. Renego de quen en nome da utilidade do español rexeita o trato de língua oficial para o galego. Renego dos que na Coruña reparten un folleto que por suposto non firmei en contra da imposición do galego e afirmando o dereito da escolla da língua para os nenos en Galicia co fin de impoñer o castelán como língua única e relegando o galego coma se fose unha língua estranxeira no seu propio pais de orixe. É dicir firmar para estar en contra da oficialidade do galego en Galicia e da sistemática imposición do castelán, en nome do cosmopolitismo, en nome do funcionalismo no mundo, e nunca en nome do nacionalismo español, pois ós galegos viríanos mellor o inglés que o español, xa postos.
Eu tamén viaxo moito e quedei sorprendido de coñecer a un taxista en San Francisco de nome e apelido español, fillo de hispanos, ó que lle falei en español. Excusouse por non falar a língua na que dixo non lle falaron seus pais, e continuamos a conversación en inglés. Velaí a grande importancia do español nos EEUU, tan só comparable á grande extensión do uso do turco na Alemaña con máis de 7 millóns de falantes.
A pesar de todo hai que animarse, o castelán é a lingua máis falada do mundo, non a língua con maís falantes, senón a máis falada. Hai que ter en conta que un arxentino fala por máis de 5000 chinos.