O Concello da Coruña aproba unna oferta de emprego de 53 prazas e proxectos para "recuperar" espazo público

A alcaldesa Inés Rey lembrou que as autónomas e micro pemes poden xa pedir ás axudas aprobadas no Presco.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2021 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña aprobou a convocatoria dunha oferta pública de emprego de 53 prazas, 40 de quenda libre e 13 de promoción interna, así como proxectos para "recuperar" espazo público para as persoas. Así o informou a alcaldesa, tras a celebración da Xunta de Goberno local, na que aludiu tamén ás medidas do consistorio para a reactivación económica da cidade tras a crise da Covid-19.

A rexedora lembrou que as persoas autónomas e micro pemes xa poden pedir as axudas aprobadas co novo Presco. "Un plan de reactivación de máis de 6,2 millóns de euros, que sumados aos 14,4 do primeiro plan chegan a unha cifra de 20 millóns de euros para paliar a crise da Covid-19", apuntou.

Rei subliñou tamén que, a partir do 15 de setembro, os coruñeses poderán usar os bonos de incentivo ao consumo. "O obxectivo do goberno municipal é que A Coruña sexa unha referencia en materia de protección social, de servizos públicos, de reactivación económica e unha referencia nunha cidade que se faga aos poucos máis accesible e máis sustentable".

Sobre os proxectos vinculados co espazo público e abordados en Xunta de Goberno, aludiu ás partidas destinadas á urbanización da rúa Mantelería e a mellora da accesibilidade do espazo público na contorna da muralla da cidade. Esta actuación comprende un parque público e unha rampla de baixada desde a rúa San Francisco ata a muralla.

Na xunta aprobouse tamén un convenio coa Cruz Vermella, cun importe de 64.000 euros para o financiamento do transporte sanitario, que busca ofrecer un servizo para os colectivos con máis dificultades para a integración social. A alcaldesa resaltou que foi un servizo "máis esencial que nunca" na pandemia para dar resposta ás persoas máis vulnerables.

CASO SOMESO

Por outra banda, preguntada polos medios sobre o caso Someso, a alcaldesa dixo que a Xunta Goberno "o que fai é acordar a remisión dun documento que pediu o Consello Consultivo, como xa se fixo no pasado mes de xullo e maio, e este é un trámite que ten que pasar pola Xunta de Goberno".

Sobre esta cuestión, a Marea Atlántica dixo que "lamenta que o PSOE siga tapando o desastre urbanístico de Someso en lugar de anular os acordos que levaron a cometer varias ilegalidades". Pola súa banda, o PP instou á alcaldesa a ampliar o prazo de solicitudes do Presco tras deixar, segundo sostén, fóra ao comercio local.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, informa os asuntos da xunta de goberno. ANDY PEREZ
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, informa os asuntos da xunta de goberno. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta