Outra vez arde o Xurés

Extinguido o incendio forestal en Lobios, que afectou o Parque Natural do Xurés

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 04/09/2021 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

Outra vez lumes no Xurés, o parque natural máis afectado en Galicia por esta epidemia. Desta volta, o incendio forestal rexistrado na tarde deste sábado no municipio ourensán de Lobios, parroquia de Manín, quedou extinguido e só afectou a unha superficie de 0,01 hectáreas do parque.

Segundo informou o departamento autonómico, o lume comezou sobre as 16,04 horas deste sábado e quedou extinguido ás 18,34 horas. No seu control participaron dous axentes, cinco brigadas, dúas motobombas e un helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade defectuosa incendiaria: 900 815 085.

A Unidade Militar de Emerxencias traballa na extinción do incendio en Lobios
A Unidade Militar de Emerxencias traballa na extinción do incendio en Lobios | Fonte: UME.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta