A Xunta gasta case dous millóns de euros en atraer rodaxes a Galicia

Darán axudas de ata 300.000€ ás empresas coprodutoras de proxectos audiovisuais que acrediten un nivel gasto na Comunidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2021 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

O proxecto de Hub Audiovisual da Industria Cultural comeza a dar os seus primeiros pasos cunha primeira liña de actuación que nace co obxectivo de fomentar, promover e atraer a realización de rodaxes na comunidade galega. Precisamente, o Diario Oficial de Galicia publica este venres a orde da convocatoria, cunha dotación de preto de dous millóns de euros, á que se sumará unha segunda polo mesmo importe a principios de 2022.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e ao director da Agadic, Jacobo Sutil, presentaron esta mesma xornada na Cidade da Cultura compostelá as diferentes áreas que integrarán as liñas mestras do proxecto e que pretenden benficiar tanto ao sector audiovisual e cinematográfico como aos videoxogos e outras industrias culturais.

A primeira das accións será esta liña para o fomento e promoción de rodaxes, dirixida a empresas galegas co obxectivo de realizar proxectos xunto con produtoras, canles de televisión e plataformas de fóra do territorio.

As beneficiarias desta primeira convocatoria poderán exercer como coproductoras (cunha participación igual ou superior ao 20%) ou provedoras de servizos de produción. Neste sentido, deberán acreditar un gasto mínimo en Galicia dun millón de euros para longametraxes de ficción e animación e de 1,5 millóns no caso de series.

A intensidade da axuda, que será de concesión directa, estará vinculada precisamente ao investimento realizado en Galicia. Deste xeito, poderá chegar ao 20% deste gasto (cunha contía máxima de 350.000 euros) para as beneficiarias que sexan coproductoras dos proxectos; e ao 10% (máximo de 300.000 euros) no caso da contratación de servizos audiovisuais.

Presentación do proxecto Hub Audiovisual no Gaiás. XUNTA
Presentación do proxecto Hub Audiovisual no Gaiás. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta