Monólogo e coloquio co homenaxeado Sergio Pazos no FIC Vía XIV de Verín

O ourensán conquistou co seu humor, en forma de monólogo, a todos os asistentes ao acto de homenaxe deste pasado venres 10 de setembro.

Por X.M. Fernández | Verín | 11/09/2021 | Actualizada ás 09:45

Comparte esta noticia

O Auditorio de Verín acolleu a homenaxe a Sergio Pazos no marco do FIC Vía XIV que se vén organizando en Verín do 4 ao 12 de setembro. Deste xeito, o polifacético ourensán sucede a Luis Zahera e a Mabel Rivera como figuras homenaxeadas. Pazos posúe unha ampla traxectoria que inclúe os campos do teatro, do cinema e da televisión.

Sergio Pazos no Auditorio de Verín. Foto: Prensa FIC Vía XIV
Sergio Pazos no Auditorio de Verín. Foto: Prensa FIC Vía XIV

A organización do FIC Vía XIV decidiu distinguir a Pazos pola súa conexión con Ourense e a súa provincia. Na homenaxe que se lle rendeu incluíse o visionado dalgunhas das curtametraxes nas que Pazos participou e que son representativas da súa carreira.

COLOQUIO COS ASISTENTES

Posteriormente, o propio Sergio Pazos participou nun coloquio cos asistentes ao acto de homenaxe. Entre outros, Pazos traballou en diversos filmes de televisión e cine tales como Ni se te ocurra, Un soño de verán, A fiestra baldeira, La Ley de la frontera, A Esmorga, Airbag, Muertos de risa, Galáctea: a conquista da vía láctea, Tuno negro, Binomio. Los siameses españoles, Las rubias los prefieren caballeros, Lisístrata, El lápiz del carpintero, ¡Hay motivo!, Hot milk e El donde de la duda.

XORNADA DE CLAUSURA 

Será este sábado 11 de setembro ás 21:00 h. no Auditorio de Verín. No transcurso do evento terá lugar a entrega de premios da VI edición do FIC Vía XIV de Verín.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta