O PSdeG cualifica de "ataque á igualdade de oportunidades" prohibir dar materias con menos de cinco alumnos

"Esta decisión implica que o estudiantado, sobre todo de localidades pequenas, teña que renunciar ás materias elixidas para o seu itinerario académico, é dicir, ten que renunciar á súa vocación", explica Estrela Jiménez, secretaria socialista de Educación.

Por E.P. | A CORUÑA | 14/09/2021 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

A Agrupación Provincial Socialista da Coruña cualificou como "ataque frontal contra a igualdade de oportunidades" do alumnado "a circular da Consellería de Educación prohibindo impartir materias que non conten con, polo menos, cinco alumnos matriculados".

"Esta decisión implica que o estudiantado, sobre todo de localidades pequenas, como Ponteceso, Melide ou Sada, teña que renunciar ás materias elixidas para o seu itinerario académico, é dicir, ten que renunciar á súa vocación, ao seu futuro", explica Estrela Jiménez, secretaria socialista de Educación.

En concreto, pon o exemplo do alumnado que queira estudar Xornalismo, Filoloxía ou Historia, "que son privados de aprender latín ou grego". Na mesma situación, engade, "está o alumnado que desexe estudar unha materia de Ciencias Sociais, como Socioloxía ou Economía, que son privados de estudar as matemáticas aplicadas, necesarias para esas carreiras".

Os socialistas recalcan que non se trata dun problema de eficiencia, "xa que algunhas desas negativas danse desde a consellería, incluso existindo recursos nos centros para impartir estas materias". Jiménez cualifica de "desprezo desde os despachos ao ensino de calidade, á igualdade de oportunidades e ao mantemento dos centros no rural galego".

Alumnado da Facultade de Comunicación. Arquivo
Alumnado da Facultade de Comunicación. Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta