Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2021 | Actualizada ás 20:49
As autoridades sanitarias informaron este mércores de dous novos falecidos con covid-19 e que elevan a 2.612 o total de vítimas da pandemia na comunidade galega.
Un deles foi un home duns 89 anos de idade e que se atopaba ingresado no HULA. No entanto, trátase dun caso procedente da Residencia As Gándaras de Lugo.
Así mesmo, tamén faleceu unha muller de 92 anos e que se atopaba en atención domiciliaria na área sanitaria de Lugo, en Carballedo. Ambos presentaban patoloxías previas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.