Por Galicia Confidencial | Narón | 31/01/2014 | Actualizada ás 08:00
En 1995 o Instituto Galego de Promoción económica concedeulle un aval de case 300 millóns das antigas pesetas a Polipropileno de Galicia, S.A. (Poligal, S.A.). Agora o sindicato UXT denuncia que a empresa pretende "centralizar" a xestión da marca, o seguimento da calidade, departamentos finaceiros, contabilidade e administración en Arcos de Valdévez, Portugal.
O Comité de Empresa mantivo xa reunións co alcalde e o tenente de alcalde do Concello de Narón. Os asalariados mostran a súa "preocupación e indignación" pola "constante amortización de emprego en Poligal-Narón dende que o señor Santiago Font Torent asumiu a dirección da empresa". Este directivo é conselleiro delegado dende xaneiro do ano pasado.
Poligal ten en marcha un ERE temporal, polo que a cambio de recurtes aos traballadores comprometeuse a manter os empregos até final deste ano. Con todo, os asalariados temen que a compañía non cumpra o asinado, polo que demandan a vixilancia da Consellería de Traballo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.