Un choque entre dous turismos en Dodro deixa unha muller ferida

O accidente produciuse no punto quilométrico 8 da AG-11, e a ferida tivo que ser excarcerada do interior do vehículo polos Bombeiros de Boiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2021 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

Unha muller resultou ferida esta noite despois de que o coche no que circulaba chocase contra outro turismo, no municipio coruñés de Dodro.

O accidente produciuse no punto quilométrico 8 da AG-11, e a ferida tivo que ser excarcerada do interior do vehículo polos Bombeiros de Boiro.

Por outra banda, no Rosal, dúas persoas feridas tras saírse da estrada co seu vehículo e caerse por un desnivel dun tres metros de altura.

O accidente produciuse na PO-552, á altura do parque das Pías, ao fío das 06,45 horas, e foi un dos implicados no sinistro quen alertou do ocorrido ao 112 Galicia.

A central de Emerxencias pasou o aviso ao 061, GES da Guarda, á Policía Local, a Protección Civil, á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros do Porriño.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta