O BNG de Ourense reclama "garantías" para a construción do xeriátrico financiado pola Fundación Amancio Ortega

"Que foi da promesa de Núñez Feijóo de construír unha residencia pública en Ourense?", cuestionaron os nacionalistas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2021 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

O portavoz do grupo municipal do BNG en Ourense, Luís Seara, compareceu xunto aos deputados Iago Tabarés e Noa Presas para tratar cuestións relacionadas coa parcela da antiga estación de autobuses onde se proxecta a construción o xeriátrico financiado pola Fundación Amancio Ortega. Asegurou que queren "unhas certas garantías que a día de hoxe non existen" para que leve a cabo.

Seara lembrou o sucedido no pleno do pasado mes de decembro cando os nacionalistas votaron a favor dunha moción para resolver o conflito urbanístico existente na parcela, para pór a disposición os terreos con todas as garantías legais e xurídicas e o cumprimento das demandas dos veciños. "Ningunha das cuestións resolveuse", dixo.

"Resulta obsceno escoitar ao PP dicir que está en xogo un investimento de 12 millóns de euros, acusando á oposición de ser o responsable de que se perda ese diñeiro por non votar a favor do cambio de cualificación. Non imos asumir, sendo 2 concelleiros de 27, tal responsabilidade", esgrimiu.

Nestes mesmos termos acusou ao Partido Popular de "xustificar os seus reiterados incumprimentos botando a culpa aos demais". "Que foi da promesa de Núñez Feijóo de construír unha residencia pública en Ourense?", cuestionou.

Deste xeito explicou que o titular da Xunta prometeu no 2017 a construción de 7 novas residencias, unha por cada cidade galega, "non só non se fixo nada senón que se retirou o orzamento por parte da Xunta", criticou lembrando que o proxecto, situado nas Lagoas destinaría seis millóns de euros para 120 prazas e para a creación de 75 postos de traballo.

Pola súa banda, o deputado Iago Tabarés afirmou que o investimento da Fundación Amancio Ortega non está vinculada a unha parcela en concreto" e recriminou que o PP municipal "tenta encubrir os incumprimentos reiterados de Feijóo coa cidade".

Rolda de prensa do BNG en Ourense.. BNG
Rolda de prensa do BNG en Ourense.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta