A Xunta presume de actuación "rápida" tras a vertedura de xurro ao Tambre fronte a do Concello de Santiago

Pídelle ao Goberno de Sánchez Bugallo unha "reflexión interna" sobre os protocolos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2021 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, instou ao alcalde de Santiago a que o concello realice unha "reflexión interna" sobre protocolos tras a vertedura de xurro que afectou o río Tambre. Unha petición de reflexión na que non inclúe o que acontece coa contaminación de boa parte dos acuíferos da Limia sen que a Xunta teña actuado e tras a petición reiterada de información por parte do Defensor del Pueblo.

Pola súa banda, reivindicou unha actuación de Augas de Galicia "exemplar, rápida e contundente", preguntada polos xornalistas pola situación actual e as declaracións en que o rexedor, Xosé Sánchez Bugallo, expuxo revisar protocolos e estudar novas alternativas para abastecer de auga concellos como Santiago, Ames e Brión.

"A vertedura dunha explotación gandeira vén demostrar que é necesario traballar conxuntamente para eliminar verteduras e velar pola calidade das augas. Temos que traballar xuntos para evitar verteduras ás augas", respondeu a titular do departamento autonómico.

Por parte de Augas, a actuación "foi exemplar, rápida e contundente desde o primeiro momento", dixo, posto que "se acudiu o propio xoves pola noite cando non había luz suficiente para tomar as mostras". "Ao día seguinte tomáronse mostras, fixéronse inspeccións e abríronse gabias que evitaron que máis xurro afectase o río", segundo enumerou. Ademais, persoal de Augas se personó ante responsables da ETAP "para comunicar o acontecido e que estivesen pendentes" para adoptar medidas.

"A reflexión do alcalde de Santiago paréceme idónea para que reflexionen internamente o concello de Santiago e o de Ames. Santiago debe revisar eses protocolos entre a explotadora da potabilizadora e o propio concello, e tamén os protocolos entre o concello de Santiago e o de Ames", sinalou.

Veciños recollen auga de camións cisterna por unha vertedura que deixa sen subministración a varios barrios a 11 de setembro en Santiago de Compostela, A Coruña (Galicia). Varios barrios de Santiago de Compostela sofren desde este sábado cortes de subministración do. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Veciños recollen auga de camións cisterna por unha vertedura que deixa sen subministración a varios barrios a 11 de setembro en Santiago de Compostela, A Coruña (Galicia). Varios barrios de Santiago de Compostela sofren desde este sábado cortes de subministración do. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta