O traspaso da AP9 arrinca trámites coa ollada posta no fráxil consenso entre partidos

O grupo de traballo do Congreso dos Deputados queda pendente das posibles fisuras entre PP, PSOE, e BNG, se ben este último asegurou que se manterían "fieis" ao acordo de 2017.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2021 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

O grupo de traballo para a lei de transferencia da autoestrada AP-9 a Galicia, aprobada por unanimidade na Cámara autonómica fai catro anos, botou a andar este martes no Congreso dos Deputados, onde se debaterán as emendas ao texto orixinal. O acto formal de constitución do órgano durou apenas uns minutos tras arrincar ás 13,30 horas deste martes. Segundo fontes parlamentarias consultadas por Europa Press, os grupos emprazáronse a iniciar conversacións para definir o calendario dos traballos.

Prodúcese así un novo avance na tramitación dunha lei que se remonta a maio de 2017, cando foi aprobada por unanimidade dos grupos no pleno da Cámara galega. Desde entón, o paso do texto polo Congreso sufriu distintos atrasos ata que en febreiro deste ano 2021, o pleno da Cámara baixa aceptou a súa admisión.

Con todo, houbo que esperar outro catro meses ata que en xuño a Mesa do Congreso desbloqueara a tramitación do borrador lexislativo logo de varias prórrogas semanais concedidas ao prazo de presentación de emendas. Agora, os grupos debaterán no seo do grupo de traballo constituído este martes as proposicións de cada formación. O foco estará posto na posible ruptura do consenso explicitado na aprobación do texto no ano 2017, pois populares e socialistas rexistraron emendas ao documento orixinal.

Os primeiros defenden a necesidade de incluír no texto definitivo mecanismos que garantan que o traspaso veña acompañado de recursos económicos por parte da Administración central, mentres que os socialistas expoñen que a titularidade da infraestrutura quede en mans do Estado e a Xunta reciba as competencias en materia de xestión. O BNG, por outra banda, asegúrase "fiel" ao texto orixinal. 

A AP-9 nunha imaxe de arquivo. AUDASA - Arquivo
A AP-9 nunha imaxe de arquivo. AUDASA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta