Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2021 | Actualizada ás 15:06
O delegado do Goberno, José Miñones, informou de que uns 200 operarios e 50 máquinas traballan a "moi bo ritmo" nos dous últimos tramos pendentes da autovía A-54 (Palas-Melide e Melide-Arzúa), que unirá Santiago con Lugo, aínda que descarta pór data para a súa finalización.
"Non me gusta falar de datas, senón falar de compromisos", contestou a preguntas da prensa este martes en Palas de Rei, onde supervisou o inicio das obras de colocación do taboleiro no viaduto sobre o río Pambre, que con 977 metros converterase no máis longo das estradas da provincia de Lugo (cun custo de 16,8 millóns e 15 pilas).
Iso si, alí expresou que o actual ritmo permite "recuperar o tempo perdido", á vez que chama a atención sobre a "dificultade técnica a maiores" que supón esta infraestrutura por impacto ambiental e polo paso do Camiño de Santiago.
Respecto diso, valorou que esta autovía suma un investimento do Ministerio de Transportes de 322 millóns de euros, unha infraestrutura que permitirá conectar a Santiago con Lugo en 50 minutos.
Pola súa banda, o tramo entre Palas de Rei e Melide, de 11,7 quilómetros e 85,6 millóns, estando executado ao 50%. O trazado discorre por tres municipios (Palas, Santiso e Melide) e inclúe seis viadutos. O tramo atópase na Serra do Careón, integrada en Rede Natura, polo que o Goberno expresa que se coidou "especialmente" o cumprimento das prescricións impostas na declaración de impacto ambiental.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.