O impacto do Brexit, un dos temas que Feijóo lle presenta ao embaixador do Reino Unido nun encontro entre ambos

Segundo sinala un comunicado da Xunta, o presidente trasladou ao embaixador británico a súa vontade de seguir profundando nas relacións a través de futuros encontros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2021 | Actualizada ás 15:32

Comparte esta noticia

O impacto do Brexit na economía galega, especialmente no sector pesqueiro, e a promoción do Camiño de Santiago con motivo do Ano Santo foron dous dos asuntos abordados nun encontro mantido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o embaixador do Reino Unido en España, Hugh Elliot.

No marco da viaxe oficial que realiza esta semana en Galicia, o diplomático británico visitou este mércores a sede do Parlamento autonómico, situada no Pazo do Hórreo de Santiago de Compostela.

Alí foi recibido polo xefe do Executivo galego, con quen mantivo unha reunión no seu despacho, onde tocaron asuntos como o Brexit ou o Xacobeo.

Segundo sinala un comunicado da Xunta, o presidente trasladou ao embaixador británico a súa vontade de seguir profundando nas relacións a través de futuros encontros.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reúnese co embaixador do Reino Unido, Hugh Elliott. DAVID CABEZÓN / XUNTA / Europa Press
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reúnese co embaixador do Reino Unido, Hugh Elliott. DAVID CABEZÓN / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta