Aberto o prazo ata o 15 de outubro para solicitar a prórroga dos ERTE ata o 28 de febreiro

A orde chega tras o acordado polo Goberno central.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2021 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia abriu o prazo, ata o 15 de outubro, para solicitar a prórroga, con efecto entre o 1 de novembro e ata o 28 de febreiro, dos expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) derivados da crise da covid-19. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres a orde que regula este novo procedemento, segundo informou a Consellería de Emprego e Igualdade nun comunicado.

A orde chega tras a extensión acordada polo Goberno central, que os estende de forma automática durante o mes de outubro.

Segundo explicou o departamento do Executivo autonómico, abriuse o prazo para recibir as solicitudes de prórroga dos ERTE vixentes ata o 30 de setembro. Unha vez recibidas, a Administración galega contará con 10 días hábiles para resolver e notificar aos solicitantes, "ou estimar a solicitude por silencio administrativo positivo". No DOG tamén se recolle o modelo normalizado para iniciar a tramitación da prórroga dos expedientes, que deberá presentarse telematicamente, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Xunto ao documento de solicitude, as persoas interesadas deberán achegar a relación das horas ou días de traballo suspendidos ou reducidos durante os meses de xullo, agosto e setembro de 2021 de cada unha das persoas traballadoras, que deberán constar debidamente identificadas e vinculadas cos seus respectivos centros de traballo.

En canto aos expedientes aos que se aplique o artigo 23 do Real Decreto Lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social da covid-19 (Ertes ETOP), a solicitude deberá ir acompañada dun informe de representación das persoas traballadoras coas que se negociou o expediente.

A vicepresidenta Terceira do Goberno e Ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, á súa chegada á comisión de Traballo, Inclusión, Seguridade Social e Migracións, a 28 de xuño de 2021, no Senado, Madrid, (España).. Eduardo Parra - Europa Press
A vicepresidenta Terceira do Goberno e Ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, á súa chegada á comisión de Traballo, Inclusión, Seguridade Social e Migracións, a 28 de xuño de 2021, no Senado, Madrid, (España).. Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta