Temas: PROTESTA LUZ CIG

A CIG convoca novas mobilizacións este domingo contra "a estafa da luz" e por unha tarifa eléctrica galega

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/10/2021 | Actualizada ás 16:09

Comparte esta noticia

A CIG convoca novas mobilizacións este domingo 3 de outubro en cidades e vilas galegas contra "a estafa da luz" e por unha tarifa eléctrica galega. A central nacionalista chama a levar as facturas da electricidade para facer "unha queima colectiva", coa que simbolizar "a queima das eléctricas" que, "mentres acumulan beneficios multimillonarias, abocan a clase traballadora á pobreza enerxética".

Unha factura do consumo de luz
Unha factura do consumo de luz | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press.

Así, fai un chamamento á mobilización ante "o imparable crecemento" da factura da luz e "a impunidade" coa que actúan as eléctricas, así como ante "o nulo papel" do Goberno central e o galego.

As mobilizacións están convocadas para as 11,30 horas na Coruña (Obelisco), Santiago (Praza Roxa), Ribeira (Praza do Concello), Cee (ante o Concello), Carballo (tamén fronte ao Consistorio) e Betanzos (Praza García Irmáns).

Ás 12,00 horas están convocadas en Lugo (Subdelegación do Goberno), Monforte (ante o Concello), Foz (ante a Delegación de Facenda), Sarria (Praza da Vila), Vilalba (Praza da Constitución), Ourense (Praza do Ferro), Pontevedra (Praza da Peregrina), Verín (Praza do Concello), Vilagarcía (Praza de Galiza), O Barco (Praza do Concello), A Estrada (Praza do Mercado), Vigo (Farol de Urzaiz), Lalín (Praza da Igrexa), O Porriño (Praza do Concello), Ferrol (Cantón), A Guarda (Praza de Avelino Vicente), As Pontes (Praza do Hospital) e Cangas (Praza do Concello).

Temas: PROTESTA LUZ CIG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta