Denuncian o "total despropósito" da Xunta ao permitir a retirada dun guindastre para cegoñas

Amigas das cegoñas, Ecoloxistas en Acción e Sociedade Galega de Historia Natural reclaman que a Consellería de Medio Ambiente deixe de facer "oídos xordos" aos protocolos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/10/2021 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente vén de, segundo denuncian distintas entidades, permitir que unha empresa desmotase o guindastre de cigoñas na Polvoreira e sen "a presenza de ningún representante da administración que supervise cumprindo co acordado". Isto é: o acordado por diversas entidades coa consellería e o Servizo de Patrimonio Natural para que "adoptasen as medidas necesarias e se elaboraran protocolos adecuados para non volver cometer os erros da tempada pasada no anidamiento de cegoña branca na cidade de Ourense".

Guindastre de cegoñas retirado.
Guindastre de cegoñas retirado. | Fonte: remitida

Desta forma, Amigos das CegoñasEcoloxistas en Acción e Sociedade Galega de Historia Natural acordaron coa administración gardar e custodiar o substrato dos niños dos guindastres (nestes momentos eran Museo arqueolóxico,  Barrocanes e Polvoreira). Trasladándoos  así ao complexo ambiental do Rodicio no caso de desmontalos e ata que se decidise a súa nova localización, recolocando ás aves. Pero alertados por veciños e membros da asociación, Amigos das cegoñas comprobou que a Xunta estaba a incumprir o acordado e "tivemos que ser nós os que solicitamos aos operarios que depositasen os restos do niño nun lugar seguro para ser recollidos polo servizo de patrimonio natural".

A asociación Amigas das cegoñas reclama que se faga cumprir a Lei 42/2007 do 13 de  decembro, de patrimonio Natural e de biodiversidade, e pór fin ao "total despropósito" que supuxo a xestión desta especie protexida o ano pasado en Ourense. Solicita, ademais, coñecer porqué se incumpriu o compromiso e protocolo acordado, porqué non había previsións para evitar esta situación, e porqué non se habilitou un niño sustitutorio. Piden que, tendo en conta que as tendencias da poboación da cegoña branca seguen a ser positivas e á alza, evitar "que nun futuro a súa presenza  supoña dificultades na convivencia coa poboación e a contorna".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta