O gasto en prestacións cae un 23,65% en agosto en Galicia e os beneficiarios son case 40.000 menos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2021 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

O gasto en prestacións por desemprego descendeu un 23,65% en agosto en Galicia en relación co mesmo mes de 2020, ata os 88,97 millóns de euros, segundo os datos que publica este luns o Ministerio de Traballo e Economía Social --son datos que sempre levan un mes de atraso con respecto aos do paro--.

Así as cousas, o número de beneficiarios, que en agosto deste ano alcanzou os 87.594, son case 40.000 menos que hai un ano, cando se situaban en 127.390.

Pola súa banda, os beneficiarios que son estranxeiros na comunidade galega son 3.929, repartidos entre 2.344 extracomunitarios e 1.585 comunitarios.

Unha oficina do SEPE (antigo INEM)
Unha oficina do SEPE (antigo INEM) | Fonte: Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta