A Coruña "revitalizará" o barrio dos Mallos e a Sagrada Familia tras as mobilizacións veciñais

Pretenden mellorar o acceso á vivenda e a seguridade da zona, entre outros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2021 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

A corporación municipal da Coruña aprobou, na sesión plenaria celebrada este xoves, e por unanimidade, unha moción conxunta para impulsar un plan de rexeneración e revitalización nos barrios dos Mallos e a Sagrada Familia. O plan atenderá á mellora do acceso á vivenda, da seguridade e dos espazos públicos e fará fincapé nas persoas maiores, nos máis vulnerables e na mocidade.

Ademais, aprobouse, de maneira definitiva, a inclusión de dez novos edificios no catálogo de elementos protexidos do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Entre eles destaca o inmoble Citroën, que agora xa non poderá ser derrubado. O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, explicou que a finalidade é protexer os edificios de "incuestionable valor" e con calidade arquitectónica.

Xunto ao edificio Citroën, catalóganse un total de seis elementos de arquitectura da segunda metade do século XX, dous conxuntos de vivendas sociais dos anos 40-50, o edificio de Fernández Latorre 43, catalogado polo Camiño Inglés, e as vivendas pareadas en rúa Padre Sarmiento.

Doutra banda, a corporación municipal tamén aprobou, coa abstención do PP, unha modificación puntual da PXOM 2013 para apertura dunha nova vía entre as rúas Simón Bolívar e Alfonso Rodríguez Castelao, o coñecido como 'camiño do cura', no barrio dos Rosales.

Pleno municipal da Coruña. ANDY PEREZ
Pleno municipal da Coruña. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta