Preocupación na comarca de Ortegal: "Xa hai ataques de lobos a diario"

Moitos dos afectados aseguran que as mortes de tenreiros, vacas, ovellas e cabalos xa se producen diariamente.

Por Europa Press / Redacción | Mañón | 10/10/2021 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

Os gandeiros da comarcal de Ortegal, limítrofe coa de Ferrolterra e A Mariña, están preocupados polos continuos ataques que manadas de lobos están a realizar nos municipios deste territorio, onde aseguran que as mortes de tenreiros, vacas, ovellas, poldros e cabalos xa son a diario.

Na noite do pasado domingo ao luns, do 3 ao 4 de outubro, un gandeiro das Grañas do Sor, en Mañón, comprobou impotente como os lobos acababan coa vida de dous tenreiros e deixaban feridos a outros dous, coas perdidas económicas que iso supón.

Ante esta situación algúns dos propietarios decidiron meter aos animais polas noites en cuadras, aínda que para a maioría esta é unha decisión que non poden tomar, xa que as súas explotacións están deseñadas para que os animais estean durante todo o día nas pradarías.

FORMA DE VIDA

O alcalde de Mañón, Alfredo Dovale (PP), asegurou que esta situación esta motivando "un gran enfado por parte desta xente, xa que estamos a xogar cos seus postos de traballo, xa que están a perder moito diñeiro por mor destes ataques". O rexedor lembra que a prohibición de dar caza ao lobo está a motivar o aumento da poboación deste mamífero, "xa que isto vai cada vez a máis".

O alcalde do municipio limítrofe coa provincia de Lugo detallou que "os ataques xa son a diario e temos gandeiros que xa perdeu bastantes animais e a xente enfádase", incidiu.

Dovale tamén detallou que este problema co lobo non só está a afectar a Mañón, se non que "tamén están a se dar ataques en Ortigueira, As Pontes, Cerdido ou As Somozas, xa que se está estendendo demasiado" e por iso pide que se busque solucións, "se é que non queren acabar cos poucos habitantes que xa temos na zona rural", ademais de destacar que "a xente comeza a ter medo porque cada vez se achegan máis ás casas e xa se deron casos de ataques a cans, que tamén faleceron".

Lobo / Amigos da Terra.  / Europa Press
Lobo / Amigos da Terra. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta