Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2021 | Actualizada ás 19:53
O aspirante a revalidar a Secretaría Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reivindicou o seu proxecto como "a mellor garantía" para que a formación volva alcanzar "máximos históricos" nas eleccións municipais e xenerais de 2023 como "xa ocorreu en 2019".
No marco da súa rolda de contactos con militantes previa á celebración das primarias, o dirixente socialista mantivo este luns encontros en Ribeira e Vilagarcía de Arousa, citas das que informou a súa candidatura nun comunicado. Na súa intervención, Gonzalo Caballero lembrou que o PSdeG conseguiu vencer ao PP, algo que nunca ocorrera na historia da autonomía galega, "ata en dúas ocasións".
Por iso, presentouse co "aval" do traballo ben feito en clave electoral e apelou a seguir avanzando na mesma liña para volver conseguir "resultados históricos" en 2023. Deste xeito, apostou por "seguir avanzado" e construíndo "un PSdeG forte" que estea asentado na "esquerda" cos valores do galeguismo, feminismo, o ecoloxismo e o compromiso ético como "sinais de identidade, impedindo así a "derechización" do PSdeG.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.