Galicia seca: os encoros galegos están a un 44% da súa capacidade tras perder outros 40 hectómetros cúbicos

No conxunto do Estado a reserva hídrica está case ao 40%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2021 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

Os encoros galegos perderon outros 40 hectómetros cúbicos de auga na última semana e sitúanse no 44,3 % da súa capacidade, segundo os datos trasladados este mércores polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Así, as presas galegas teñen actualmente 1.646 hectómetros cúbicos de auga embalsada. As da conca Miño Sil, con 1.261 hectómetros cúbicos, atópanse ao 41,6 % da súa capacidade; mentres que as da conca Galicia-Costa teñen 385 hectómetros cúbicos, un 56,3 % da súa capacidade.

Segundo os datos do Ministerio, os encoros da conca Miño-Sil perderon 37 hectómetros cúbicos nos últimos 7 días; mentres que os da conca Galicia-Costa teñen agora 3 hectómetros cúbicos menos de auga.

No ámbito estatal, a reserva hídrica española está ao 39,6 % da súa capacidade total: os encoros almacenan actualmente 22.252 hectómetros cúbicos de auga, 170 menos que hai unha semana. Segundo o Ministerio, nos últimos días as precipitacións foron escasas na vertente Atlántica e practicamente nulas na vertente Mediterránea. A máxima produciuse en Pontevedra con 24,8 l/m2.

O encoro de San Esteban, en Augas Mestas, Quiroga (Lugo).. Carlos Castro - Europa Press
O encoro de San Esteban, en Augas Mestas, Quiroga (Lugo).. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta