Atopan un cadáver nun coche somerxido na costa de Ponteceso

Os servizos de emerxencia desprazáronse á zona pero só puideron confirmar a súa morte.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2021 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia atoparon o corpo sen vida dun home no interior dun vehículo sumerxido na costa de Ponteceso. Segundo detallan dende Axega, o achado, producido na mañá deste xoves, tivo lugar na área do peirao da praia de Balarés, no xa amentado municipio da comarca de Bergantiños. Ao lugar desprazáronse patrullas do GES, de bombeiros, de voluntarios de protección civil e, finalmente, da Garda Civil.  

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta