A TVG lanza un programa de debate político que se estreará analizando os plenos do Estado de Autonomía

Contará con catro expertos que irán rotando para analizar os temas de actualidade política e económica en Galicia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2021 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

A segunda semana deste mes de outubro vén cargada dunha palabra que se repite ata a extenuación nos medios galegos: debate. Coa cita do Estado de Autonomía aínda decorrendo no Pazo do Hórreo, a TVG vén de anunciar un novo programa de corte político para analizar a actualidade galega nun formato pensado "cos criterios de servizo público".

Sabela Romar nun plató da CRTVG
Sabela Romar nun plató da CRTVG | Fonte: CRTVG

A cadea afincada en San Marcos arrincará as emisións de "O debate da G2" este mesmo xoves ás 18:00h. Segundo destacan na web da corporación radiotelevisiva pública, este emitirase de martes a venres e estará conducido pola xornalista Sabela Romar, que se acompará de catro expertos para abordar cada un dos temas que vaian xurdindo no novo espazo, dirixido por Maribel González.  

O espazo, desenvolto en directo, prevé abranguer "unha gran variedade de temas, desde os de carácter social e económico ata os estritamente políticos". Como non podía ser doutra forma, a estrea deste xoves terá por liña central o Debate do Estado da Autonomía, e contará coa presenza do consultor político e de comunicación Juan Carlos Piñeiro, e cos xornalistas Luis Pérez, Carla Reyes e Fernando Salgado.

Tamén no venres o programa continuará coa análise do debate do estado de autonomía, se ben neste caso deixarán espazo para os Presupostos Xerais do Estado --polos que Miñones vén de lanzar unha chama de atención aos "laios" da Xunta-- e o inicio do 40 Congreso do PSOE, entre outras cuestións. Nesta ocasión, apuntan dende a corporación, contará coa participación do xornalista Roi Rodríguez, da profesora de Ciencia Económica María Bastida, do analista político Xesús Veiga e de Xosé Luis Gómez, editor de 'Mundiario', .

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sonia Recarei

Seran os mesmos que os da radio galega. Gagos, tatexos, zazamelos, resesos, tristes, fachorros, ñordos, popularras e con un galego que non da para pasar o CELGA1

1 Gamela

Como non muden de faladores... a cousa pinta mal... o horario de 6 a 7 tampouco parece favoreza a participación de ninguén... Outro Bos Dias (polo serán) https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/o-...