A III Feira Emprendedoras de Compostela visibilizará a innovación de mulleres universitarias

O foro, teórico-práctico, desenvolverase entre os días 25 e 30 de outubro no Pazo de Fonseca.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2021 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

A III Feira Emprendedoras de Compostela dedicarase este 2021 á innovación no ámbito universitario e abordará "experiencias reais de mulleres, de todos os ámbitos, que crean emprego con valores, responsabilidade e impacto na súa contorna".

O foro, presentado este xoves polo alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da Universidade de Santiago (USC), Mar Lorenzo; e a técnica da USC, Eva López, mostrará "a forma en que mulleres universitarias galegas, de todas as áreas do coñecemento, se decidiron a crear unha empresa".

Tras as dúas edicións anteriores, centradas nas mulleres artesás e na economía social, o foro consolídase este ano "como referente de traballo colaborativo entre administracións públicas -Concello-- e Universidade", en palabras de Mar Lorenzo.

"A misión da Universidade tamén é preocuparse pola inserción laboral das súas egresadas, e o emprendimiento é unha liña de éxito para moitas mulleres, que se mostraron resilientes nunha situación de pandemia", indicou a vicerreitora, que recoñeceu ademais que o pensamento creativo e alternativo adoita ser un aspecto "feble" na universidade; o que se tenta contrarrestar con este tipo de encontros.

Ademais, Lorenzo destacou que se pon así en valor o Pazo de Fonseca, onde se desenvolverán algunhas das actividades; "un espazo aberto para que a cidadanía coñeza a universidade e o seu edificio máis emblemático, que a identifica como casa do saber".

Cartel do III Feira Emprendedoras de Compostela. CONCELLO DE SANTIAGO
Cartel do III Feira Emprendedoras de Compostela. CONCELLO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta