Nace QPCTv.gal, unha televisión online que nace da man do cibermedio local Que Pasa na Costa

Emitirá o partido Corme CF- Soneira SD en directo e en aberto. O segundo partido xa haberá que subscribirse por 4 euros ao mes.

Por Galicia Confidencial | Cee | 15/10/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Unha televisión local online na Costa da Morte. Este vindeiro domingo 17 de outubro nace QPCtv.gal , unha plataforma dixital con contidos audiovisuais exclusivos para a comarca que nace da man do diario Quepasanacosta e a produtora SensorMedia.

Unha persoa utiliza o seu mando da televisión para buscar canles. Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo
Unha persoa utiliza o seu mando da televisión para buscar canles. Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo

Os suscritores poderán disfrutar de reportaxes sociais, culturais ou festeiras, pero o fío condutor desta plataforma será o Fútbol da Costa, todo un axente social que trascende o mero deporte e sempre se convirte en impulsor de iniciativas innovadoras, como son o carrusel tecnolóxico de www.futboldacosta.com ou os álbumes de cromos comarcais.

Este domingo terá lugar a primeira retransmisión en directo da historia dun partido das Ligas da Costa en directo. O Corme CF- Soneira SD que se disputa no Cairo e que abre a temporada na 1a Galicia, emitirase, desta volta, en aberto a través da ligazón qpctv.gal. Unha emisión profesional cunha despregadura de medios que consta de 4 cámaras, realización, grafismos, locutor, comentaristas e humoristas.

"O choque comezará as 17:00h pero dende as 16:30h conectaremos en directo co locutor Antón Lestón, os comentaristas Alberto Pose e Óscar Leis, o humor do Dúo Minúsculo, e todo o equipo de produción", apunta o director de QPC, Ubaldo Cerqueiro.

PLATAFORMA DE PAGO

A partir da vindeira semana, a plataforma será de pago, e será por subscripción en qpctv.gal a partir de 4 euros ao mes, tendo asegurando, polo menos, a cobertura en directo dun partido das 1a, 2a e 3a división da liga Galicia da Costa cada semana, ademais doutros contidos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Mira que boa idea... E xa que falamos de xente con iniciativas aquí vos deixo unha Canle de YouTube que está facendo un traballo inmenso para facer información en Vigo (?) Ese lugar do mundo que só se coñece polas luces de Nadal e agora pola nova catedral do Consumo Vialia (sen rematar) // Canle dedicada á información, cultura, política, denuncias e moitas cousas máis. Todo en Gallego e desde Galiza https://www.youtube.com/c/IlCanalla...