Trasladadas dúas persoas por inhalación de fume debido a un incendio na cociña dunha vivenda en Ourense

Unha persoa alertou do lume sobre as nove e media do xoves.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 15/10/2021 | Actualizada ás 10:21

Comparte esta noticia

Dúas persoas foron trasladadas por inhalación de fume despois de declararse un incendio na cociña da vivenda dun edificio no concello de Ourense na noite deste pasado xoves.

Segundo informou o 112, foi unha persoa particular quen, sobre as 21,30 horas deste xoves, alertou ao 112 Galicia por mor de que ardía unha cociña dun piso na Avenida de Zamora. Na mesma comunicación, a persoa indicou que non había ninguén ferido o lugar.

Por parte do CIAE-112 Galicia avisouse aos Bombeiros e á Policía Local da cidade. Ademais, por precaución, os medios tamén alertaron a persoal sanitario que, finalmente, levou a dúas persoas a un centro hospitalario.

Pola súa banda, a dotación de Bombeiros confirmoulle ao 112 que o lume do incendio afectou á campá extractora e aos mobles contiguos.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112 | Fonte: EP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta