Desestiman o recurso do alcalde de Vilanova contra a condena por chamar "chacha" a Carmela Silva

A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a Durán Hermida como autor dun delito leve de falta de respecto e consideración debida á autoridade no exercicio das súas funcións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/10/2021 | Actualizada ás 15:37

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Pontevedra desestimou o recurso presentado polo rexedor de Vilanova, Gonzalo Durán, contra a sentenza que o condenou polas súas manifestacións nas que chamaba 'chacha para todo' á presidenta da Deputación, Carmela Silva.

A institución provincial recibiu este venres a notificación a cargo da sección 2ª do citado organismo xudicial e trasladou a súa satisfacción desta decisión, sobre todo ante estas "declaracións machistas" que provocaron a reacción de numerosas asociacións, partidos e colectivos de todo o Estado.

Segundo sinala a Deputación, a resolución "é firme" e "non cabe recuro algún" contra ela" e a sentenza "confirma na súa integridade" o fallo condenatorio do 1 de xuño de 2021 emitido polo xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra.

En concreto, condenou a Durán Hermida como autor dun delito leve de falta de respecto e consideración debida á autoridade no exercicio das súas funcións.

O fallo xudicial entendía que esas declaracións "evidencian unha falta de respecto ou menosprezo cara ao principio de autoridade representado pola presidenta da Deputación de Pontevedra, que excede o normal exercicio do dereito fundamental de liberdade de expresión".

A sentenza condenou a Gonzalo Durán á pena de 1 mes de multa cunha cota diaria de 12 euros, coa responsabilidade persoal subsidiaria en caso de falta de pagamento dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, e ao pago das costas procesuais.

"UN ANTES E UN DESPOIS"

O deputado Carlos Font considerou que a sentenza "marca un antes e un despois" e "fixa un camiño de forma clara para aqueles que seguen subidos ao carro do machismo máis rancio e da descualificación permanente".

Por iso, esixiu á dirección do PP que aparte a Gonzalo Durán do partido. "Non teñen outro remedio, xa que non poden aprazar a decisión máis tempo", insta.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Primeiro: que facil é pasar a vida pleiteando cos nosos cartos ! Ámbolos dous se tivesen que pagar avogados e costas dos seus petos seguro que non daban a lata con esta estupidez ! Segundo: Considerar autoridade pública á Presidenta da Deputación é algo así como equiparala a un Profesor de Secundaria no exercicio das súas funcións: se cada profe deste país levara aos Tribunais cada "insulto" recibido... colapsaríamos os Tribunais de Galicia. Terceiro: esta "señoritinga" que con residencia no Chalet de Toralla (1,8 M) e soldo de 5.500 €/mes xa podía facer algo máis polas mulleres que pasear o palmito en tódolos saraos que monta cos cartos dos nosos impostos ! Pero se aínda así considera que ser Chacha é un insulto: gostaríanos saber como trata ela á muller que lle limpa a súa casa? O feminismo de Salón ten os días contados ! Pero vivimos tempos de estupidez permanente ! Amén.