Así será o corte de circulación en Ames e o Val do Dubra dende o luns

Afectará á AC-453 ata o 19 de novembro, pero haberá aperturas diarias ao final da xornada de traballo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2021 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

As obras de mellora do firme na estrada AC-453 ao seu paso polos concellos de Ames e de Val do Dubra farán necesario un corte de tráfico a partir do luns e que se prolongará ata o 19 de novembro. Os cortes manteranse durante a xornada de traballo e a circulación restablecerase ao final do día. A Xunta lembra que, de modo similar ao anterior corte, o tránsito estará permitido para os residentes e os vehículos escolares.

Así, para estes usuarios, cortarase un carril na zona de traballo e haberá circulación alternativa regulada con semáforos. Os demais usuarios da estrada, incluídos os vehículos pesados, deberán adoptar un itinerario alternativo, que estará sinalizado coa necesaria antelación.

Estrada cortada
Estrada cortada | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta