Documento.- As actividades inmobiliarias de Conde Roa

Escribennos denunciando as actividades inmobiliarias de Gerardo Conde Roa. Logo de comprobar a existencia dos datos no rexistro, GC publica este documento no que se vincula ó candidato do PP en Santiago coa empresa Geslander Proyectos de Edificación S.L., beneficiaria dun concurso de solo público na Comunidade de Madrid...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/05/2007 | Actualizada ás 23:24

Comparte esta noticia

Fixo ademáis promocións en Daimiel (Castela-A Mancha) e en Vigo. No documento do Rexistro Mercantil poderán vostedes observar que ademáis a sociedade administrada por Conde Roa ten como apoderados a duas personas que veñen sendo os administradores e propietarios de Millarcasa, S.L., promotora ben coñecida na cidade de Santiago, adicada á promoción de cooperativas de vivendas cun historial recente de denuncias nos xulgados por incumprimento (caso da cooperativa salgueiriños).

Todas estas informacións pódense comprobar na páxina de Millarcasa (www.millarcasa.com), no google e na propia páxina do Rexistro Mercantil". Baixa o documento

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

8 mariquiña

Mirou ben todo o mundo??? vou darvos 1 pistiña, na urbanización Volta do Castro hai 1 edificio gris q algo ten a ver con él... e eu sei moi pouco...

7 Carlos Xesús

O que non sei e por qué Bugallo ala, que e claro que o sabe. Qué ten pactado co próximo xefe da oposición no concello para o futuro?.
Cala en Galuresa: non expropiar o carril exterior da empresa monopolística do fuel en Santiago, pero expropia unha vivenda na mesma via 300 metros arriba..... cala coas "Torres de Xerardo", no que o ex alcalde Xerardo Estevez incumpre toda a normativa de alturas que él mesmo aplicou aos demais na sua etapa.
Moito calar, pero do pacto dos chans co PP e dos convenios do IGVS na etapa de Redondo vai a ter que falar.

6 x

o de betanzos non foi asi. a obra xa estaba feita e a modificacion puntual das normas subsidiarias para legalizala asinouna un tal alberto nuñez feijóo coma conselleiro

5 J.M. GONZALEZ

Corrixo o erro: quería decir nas listas do PSOE de Ames, non de Negreira.

4 J.M. GONZALEZ

"Dios los cria y ellos se juntan". A administradora de Millarcasa vai de suplente polo PSOE nas listas de Negreira, e logo non habería un sitiño para elana nas do PP de Santiago, ou sería por disimular?