Documento.- As actividades inmobiliarias de Conde Roa

Escribennos denunciando as actividades inmobiliarias de Gerardo Conde Roa. Logo de comprobar a existencia dos datos no rexistro, GC publica este documento no que se vincula ó candidato do PP en Santiago coa empresa Geslander Proyectos de Edificación S.L., beneficiaria dun concurso de solo público na Comunidade de Madrid...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/05/2007 | Actualizada ás 23:24

Comparte esta noticia

Fixo ademáis promocións en Daimiel (Castela-A Mancha) e en Vigo. No documento do Rexistro Mercantil poderán vostedes observar que ademáis a sociedade administrada por Conde Roa ten como apoderados a duas personas que veñen sendo os administradores e propietarios de Millarcasa, S.L., promotora ben coñecida na cidade de Santiago, adicada á promoción de cooperativas de vivendas cun historial recente de denuncias nos xulgados por incumprimento (caso da cooperativa salgueiriños).

Todas estas informacións pódense comprobar na páxina de Millarcasa (www.millarcasa.com), no google e na propia páxina do Rexistro Mercantil". Baixa o documento

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

3 Raul

Eu tamen sei doutro caso do BNG e PSOE en Betanzos dicese de un pacto de Caballeros,como a cidade.
Seica un promotor que o candidato do BNG a esta vila tiña unha construccion parada polos xuzgados e mais case na ruina, dende que o BNG entra no concello esta obra empeza de novo a camiñar algus falan que a Lagares o alcalde do PSOE non lle quedou mais remedio que calar.
Temos que destapar mais casos compañeiros, os de o PP, os do PSOE xa estan na luz, vamos polos do BNG.
!TODOS O LUME SONCHE TODOS DE CARALLO!

2 Remixio

Agardo que os medios de comunicación en papel se fagan eco desta información e Conde Roa ofreza as explicacións debidas.

1 Félix

Moi interesante. Grazas.