Veciñanza de Bande marcha contra a "invasión eólica" ás portas do Xurés

Greenalia quere instalar na zona unha central eólica de 12 aeroxeradores, que afectan os municipios de Bande, Rairiz de Veiga e Verea.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2021 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

Uns 40 veciños e veciñas de Bande, Val do Limia e Celanova realizaron este sábado unha marcha en contra da "invasión eólica" prevista para Monte Grande, ás portas do parque natural do Xurés.

Esta mobilización de Stop Eólicos de Xurés-Celanova realízase contra os plans de Greenalia de instalar na zona unha central eólica de 12 aeroxeradores, que afectan os municipios de Bande, Rairiz de Veiga e Verea. Así, contou con apoio de entidades como Adega e Amigos das Árbores, así como do deputado provincial do BNG Bernardo Varela.

Esta 'I Marcha en Defensa do Monte Grande' partiu á primeira hora do centro de Bande e percorreu uns 11 quilómetros ata o corazón do Monte Grande. A organización denuncia os danos ambientais, patrimoniais e económicos que pode ocasionar este proxecto eólico, "que Greenalia está a empezar a negociar con cinco comunidades de montes afectadas e co propio Concello de Bande".

Marcha en contra da insalación de eólicos en Monte Grande (Ourense). STOP EÓLICOS XURÉS-CELANOVA
Marcha en contra da insalación de eólicos en Monte Grande (Ourense). STOP EÓLICOS XURÉS-CELANOVA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta