Antas de Ulla lanza unha campaña solidaria para axudar a muller que perdeu a súa casa nun incendio

Hai un número de conta bancaria aberto.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 27/10/2021 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

O Concello de Antas de Ulla lanzou unha campaña solidaria para axudar a María Fuertes, a muller que, o domingo pasado, perdeu a súa casa nun incendio.

Incendio en Antas de Ulla
Incendio en Antas de Ulla | Fonte: Concello.

Para canalizar as axudas, ponse a disposición dos interesados un número de conta: E11 0238 8248 7607 0065 4679 do Banco Santander.

Segundo informa o Concello, a determinación de abrir unha campaña de solidariedade tomouse tras comprobar o alcance dos danos, que deixaron a vivenda totalmente arrasada, dado que a casa era de madeira.

Nestes momentos, María Fuertes atópase aloxada nun establecemento da localidade, á espera de poder trasladarse a outra vivenda.

Antas de Ulla tamén sinalou que, se alguén desexa facer outro tipo de doazón que non sexa monetaria, pode dirixirse aos servizos sociais do Concello.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta