Temas: BNG ANA PONTóN

Todos pendentes do que decida Pontón sobre o seu futuro

A portavoz nacional do Bloque comparecerá este xoves para resolver o seu futuro e o do partido.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/10/2021 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, comparecerá este xoves en rolda de prensa en relación ao proceso de reflexión persoal aberto no marco da celebración da XVII asemblea nacional do BNG. Así figura na convocatoria oficial da líder nacionalista, que escolleu un hotel compostelán para comunicar esta decisión, respecto da cal dirixentes nacionalistas confían en que se consolide como candidata para renovar á fronte da formación e disputar a presidencia da Xunta en 2024, obxectivo que se marcou nos documentos políticos o Bloque.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón | Fonte: BNG.

A asemblea do BNG celebrarase o próximo 7 de novembro na Coruña, baixo o lema 'Gañar unha nova Galiza'. Este sábado 30 de novembro, terá lugar o último Consello Nacional antes do plenario, no cal está previsto que se aprobe unha candidatura, tal e como a propia Pontón avanzou este luns.

Nesa candidatura, a actual portavoz do Bloque perfílase como a futura cabeza de lista. O sistema de votación para formar os órganos de dirección do BNG permite presentar unha lista a 15 militantes, de forma que se accede de forma proporcional ao máximo órgano de decisión entre asembleas

A preguntas dos medios o pasado luns, Pontón ratificou que este sábado se aprobaría unha candidatura que se estaba perfilando e que reunirá un equipo que estará pensado para "gobernar" a Xunta.

A líder nacionalista anunciou en agosto que iniciaba un período de reflexión persoal e colectiva sobre o seu futuro na formación frontista, no cal recibiu opinións e valoracións de militantes, de dirixentes da organización e doutras persoas que sen formar parte da organización, "queren en 2024 un rumbo novo para este país e deixar atrás un goberno que está a facer cada vez unha Galicia máis pequena".

"Agora estamos a liderar a oposición, o que queremos é liderar a Xunta. Por tanto, estamos na recta final", dixo o luns Pontón quen, sen confirmar o sentido da súa decisión, deu a entender que dedicou estes últimos días dos prazos asemblearios --e da súa reflexión-- a ultimar unha candidatura ao Consello Nacional que ela mesma liderará.

Temas: BNG ANA PONTóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Riolo

Titular de chiste. Todo el mundo sabe que la comedia era pura propaganda para despistados. A donde va ir Poltronas si no sabe otra cosa que vivir de la política?

1 Amancio

E logo desde cando vos importa iso? Pablo Casado viviu algunha vez dun salario gaño por el no privado Pedro Sánchez? Abascal? Pablo Iglesias? Se Pontón estivese na política por vivir dela podíase ter metido no PP e andar de cargo en cargo. Como o noso presidente.

1 Gamela

Logo da sesión de hoxe no Parlamento // Ana Pontón aínda vai ter que pedirlle permiso á UPG para ver se a deixan aspirar ao Goberno ? Eso debe ser parte do feminismo que se respira no ambiente da UPG ! Mentras ERC+Junts manteñen embaixadas en medio mundo pagadas por nós, imos apostar novamente por "Agora Repúblicas" (ERC-Bildu-BNG) ? Invítovos a votar en Vigo (onde BNG nin siquera ten nome) pero a UPG goberna en coalición coa "feminista" Carmela Silva a Deputación de Pontevedra ? https://twitter.com/00Gamela/status... Así Gonzalito pode sacar peito por Galicia Adiante, mentras outros pagamos as facturas da luz...? Será esta a estratexia revolucionaria de Paco Rodríguez ? A ver se vai ter razón Feijoo, o ghato escaldado da auga fuxe ! http://mediateca.parlamentodegalici... Seguiremos para Bingo !