A loita contra os parques eólicos en Galicia segue adiante malia a moratoria da Xunta

Petón do Lobo pide colaboración para frear un parque eólico que afectaría a zonas protexidas do Macizo Central.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2021 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Continúan as mobilización contra a avalancha eólica de Galicia. A pesar de que a Xunta anunciou unha semana atrás unha moratoria de ano e medio aos novos parques eólicos, os proxectos do vento na Comunidade que foran achegados á administración antes desa data seguen avanzando, e as asociacións ecoloxistas e veciñais facendo un pulso contra eles.

Centos de persoas participan en Santiago de Compostela nunha manifestación contra os parques eólicos. César Arxina - Europa Press
Centos de persoas participan en Santiago de Compostela nunha manifestación contra os parques eólicos. César Arxina - Europa Press

Tal é o caso do parque eólico Fial das Corzas, contra o que Petón do Lobo pide colaboración cidadá á hora de dirixir alegacións á administración que permitan frear o parque eólica. Segundo explican dende a plataforma, o proxecto, xunto cos parques Rebordechao e O Xesteirón, afectan á Zona de Especial Conservación do Macizo Central, a ZEC Río Támega e a ZEC Bidueiral de Montederramo. 

Fronte a estas circunstancias, Petón do Lobo e outra multitude de asociacións do ecoloxismo e os movementos veciñais de Galicia levan meses erguéndose en mobilizacións nas que as denuncias son case sempre as mesmas: que os parques aprobados en Galicia están viciados porque se presentan nunha fragmentación artificial, e que, fronte a isto, a Xunta aplica normas que reducen os prazos de exposición pública e dificulta aínda máis o control por parte do tecido asociativo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta