Morre un home ao envorcar o tractor que conducía en Poio

Tiña 38 anos e quedou atrapado pola barra de protección do vehículo.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 30/10/2021 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

Un home de 38 anos de idade morreu na tarde deste sábado ao envorcar o tractor que manexaba en Poio e quedar atrapado pola barra de protección do vehículo.

Tractor
Tractor | Fonte: Europa Press - Arquivo.

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu sobre as 17,15 horas nunha leira particular onde traballaba a vítima, situada na parroquia de Fontenla.

Sobre esa hora, unha persoa particular púñase en contacto coa cenral de emerxencias para indicar que acababa de envorcar un tractor e que a súa parella quedara atrapada debaixo.

Tras recibir a chamada, o 112 pasou o aviso a Urxencias Sanitarias-061, aos bombeiros de Ribadumia, á Garda Civil, a Protección Civil e á Policía Local de Poio.

Os bombeiros tiveron que empregar material de excarceración para liberar á vítima, que tiña 38 anos de idade.

Con todo, os servizos médicos desprazados ata o lugar tan só puideron confirmar o seu falecemento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta