Piden a absolución para o rapaz encausado polas manifestacións do Centro Escarnio e Maldizer

A Fiscalía pide 4 anos de cárcere por atentado á autoridade a pesar de que, segundo destaca a plataforma de apoio ao mozo, este sufriu un traumatismo cranioencefálico e logo "foi arrastrado" polos antidisturbios.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2021 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O 30 de maio de 2017 tivo lugar o desaloxo do Centro Social Escarnio e Maldizer de Santiago de Compostela. Unha circunstancia que puxo parte do movemento nacionalista mozo da capital contra o goberno local de Compostela Aberta e que segue a contar con réplicas nos xulgados. Agora, o grupo pide a absolución de Chema Naia, un mozo que se enfronta a 4 anos de cárece tras ser detido na manifestación en repulsa ao desaloxo. 

Incidentes na manifestación polo desaloxo da okupa Escarnio e Malidez
Incidentes na manifestación polo desaloxo da okupa Escarnio e Malidez | Fonte: galizacontrainfo

O mozo Chema Naia, que contaba con 19 anos no momento dos feitos, está acusado de atentado a autoridade e lesións a varios antidisturbios, se ben, de acodo coa plataforma de apoio, "foi el quen padeceu a violencia da policía sendo posta mesmo a súa vida en risco".

Os feitos tiveron lugar no mesmo día do desaloxo, no que se convocou unha mobilización de repulsa na praza do 8 de Marzo de Santiago de Compostela. A mobilización, din dende a plataforma, decorreu sen incidentes ata a chegada dunha carga policial "moi dura" á altura da Rúa do Preguntoiro coa Praza de Cervantes. "Neste momento, Chema é golpeado con brutalidade por un axente que, sen casco, decide darlle un golpe na cabeza e

provocarlle un traumatismo cranioencefálico e aínda nese estado é arrastrado pola Praza do Pan, sendolle nun primeiro momento negado o dereito á asistencia médica", subliñan

MANIFESTACIÓNS

Por estes feitos, a plataforma vén de convocar multitude de actos en Galicia, entre os cales se contan dúas manifestacións para "denunciar o relato falso da fiscalia" e que terán lugar o 11 de decembro ás 20:00h no Obelisco da Coruña e o 20 de decembro as 09:30h nos xulgados de Fontiñas en Santiago de Compostela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta