O Talentia Summit 2021 de Santiago combinará formato virtual e presencial para "reter o talento en Galicia"

A feira celebrarase entre o 15 e o 26 de novembro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2021 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

O Talentia Summit 2021, que se celebrará en Santiago de Compostela entre o 15 e o 26 de novembro, combinará co formato presencial e virtual co obxectivo de "ofrecer todas as oportunidades laborais posibles, vinculado ao emprendimiento e á innovación".

A feira de emprego incluirá cursos en liña e webinars, certificacións en liña e pavillóns de empresas, entre outras actividades, segundo explicaron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o técnico de emprego do municipio, Xabier Ferreiro, en rolda de prensa.

Ferreiro destacou o volume de participación rexistrada ata o momento, "enorme". "Nas primeiras 24 horas a plataforma tivo máis de 10.000 visitas e xa se inscribiron 2.000 persoas", sinalou o técnico municipal.

Para o foro Talentia, que se celebrará o 18 de novembro no auditorio do edificio Fontán, o aforamento, indicaron, é de 750 prazas, coa metade xa reservada. "Chama a atención a implicación das empresas no formato virtual, onde nos falan da súa cultura, as súas actividades, etc. É unha oportunidade para facer contactos laborais que non debería perderse", recalcou Ferreiro.

Na mesma liña expresouse o rexedor municipal. "O obxectivo é reter o talento en Galicia e ofrecer todas as posibilidades laborais ao noso alcance", afirmou. Así, segundo detallou o técnico de emprego, de entre todos os inscritos, 2.113 son de Santiago, 1.448 da Coruña, 1.297 de Vigo; e de fóra de Galicia, 2.041 son de Madrid e outras 308 de Barcelona.

Feira Talentia Summit de emprego
Feira Talentia Summit de emprego

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta