Xulgan ao acusado de abusar sexualmente da súa filla, que padece unha minusvalía psíquica, durante carro anos

Piden 11 anos de presión e o pago de 30.000 euros de indemnización.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2021 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

Un home enfróntase a unha pena de once anos de prisión e ao pago de 30.000 euros de indemnización acusado de abusar sexualmente da súa filla, menor de idade e que presenta unha minusvalía psíquica, no seu domicilio en Ribeira. O xuízo celebrarase a próxima semana a porta pechada na sección sexta da Audiencia Provincial con sede en Santiago de Compostela, en concreto o 17 e o 18 de novembro.

Segundo o escrito da Fiscalía, a filla, cunha minusvalía psíquica recoñecida do 36%, residiu cos seus avós ata os 12 anos de idade, momento no que pasou a convivir cos seus pais, un matrimonio con domicilio en Ribeira.

No transcurso desta convivencia, a menor recibiu abusos por parte do seu pai desde os 12 ata os 16 anos, ata a retirada da custodia aos seus proxenitores en novembro dese ano e cando estaba a piques de cumprir os 17 anos.

Segundo o relato do fiscal, o acusado aproveitaba as tardes, cando a súa parella traballaba fóra de casa e a menor non tiña clase, para practicarlle tocamentos e abusar dela no domicilio, chegando a dicirlle que o facía para medirlle a temperatura ou curarlle a dor de barriga.

O escrito indica que a menor experimentaba pesadelos constantemente co seu pai e sufría de retraimiento e illamento con relación aos demais nenos da súa idade. A menor foi declarada en desamparo en novembro de 2016 e atribuíuse a custodia provisional á súa tía materna, confirmada nunha resolución xudicial o ano seguinte.

Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta