Confirmada a pena de 4 anos a unha muller que abusou sexualmente do sobriño menor da súa exparella

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 08/05/2025 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

A Sala do Civil e Penal do TSXG desestimou o recurso dunha muller condenada por un delito continuado de abuso sexual sobre un menor de 16 anos, e ratificou a pena de 4 anos de prisión imposta pola sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense. A procesada foi condenada a 4 anos de prisión por abusar sexualmente do sobriño da súa exparella durante o verán de 2020. Ademais, impúxoselle a inhabilitación para profesión que leve contacto con menores durante 7 anos, a prohibición de achegarse ou comunicarse coa vítima durante 6 anos, e a medida de 2 anos de liberdade vixiada.

A defensa recorreu a sentenza, alegando, entre outras cuestións, que o testemuño da vítima non reunía todos os requisitos de credibilidade e cuestionando a autenticidade das mensaxes de WhatsApp intercambiados entre ambos. Igualmente, argumentaba que se vulnerou o principio de presunción de inocencia.

Con todo, o alto tribunal galego desestimou as súas pretensións, e sinala na súa sentenza que a investigada contactou co menor por unha aplicación de mensaxería despois de levar anos sen verse, sendo coñecedora da súa idade. Desa maneira, ambos comezaron unha relación sentimental durante o verán de 2020, insistindo en todo momento a acusada en que debían manter en segredo eses encontros.

Os maxistrados indican que as mensaxes da aplicación, achegados como proba, "non deixan lugar a dúbida acerca da índole e contido sexual das relacións entre ambos", aínda que as declaracións do menor sexan "contraditorias". Por iso, o TSXG desestimou o recurso de apelación nunha sentenza que, con todo, non é firme, porque pode ser recorrida ante o Tribunal Supremo.

Xuízo por abuso sexual.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS
Xuízo por abuso sexual.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta