Catro feridos, un deles trasladado en helicóptero, tras o choque de dous vehículos na AG-11 en Boiro

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2021 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

A colisión de dous vehículos rexistrada na mañá deste luns na autovía AG-11 ao seu paso polo termo municipal de Boiro saldouse con catro persoas feridas, unha das cales foi evacuada en helicóptero medicalizado.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, este sinistro tivo lugar sobre as 9,15 horas deste luns á altura do quilómetro 24 da AG-11 ao seu paso por Boiro.

Tras o aviso de varias persoas ao 112 sobre este accidente, o servizo de emerxencias alertou aos Bombeiros de Boiro, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a persoal de mantemento da estrada.

As mesmas fontes indicaron que foi necesario cortar dous carrís da AG-11 para a aterraxe do helicóptero medicalizado, que trasladou a unha persoa a un centro hospitalario, mentres que outras tres foron evacuadas en ambulancia.

Pasadas as 11,00 horas o carril exterior da AG-11 permanecía cortado por labores de mantemento, mentres que o outro estaba habilitado para o tráfico.

Helicóptero do 061 nun incidente
Helicóptero do 061 nun incidente | Fonte: @HelicoSantiago -Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta