Alertan dunha posible escasez de man de obra e materiais de construción para a rehabilitación enerxética

A falta de man de obra e de materiais de construción poñe supoñer á perda das axudas europeas destinadas á mellora da eficiencia enerxética.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2021 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

O Colegio Oficial de Administradores de fincas en Galicia (COAFGA), formado por máis de 600 profesionais na nosa comunidade, alerta de que a escasez de man de obra e de materiais de construción pode lastrar os fondos Next Generation destinados á rehabilitación enerxética.

Construción de vivendas
Construción de vivendas | Fonte: XUNTA

A falta de man de obra e materiais constructivos prolongada no tempo pode supoñer a perda de axudas europeas destinadas á mellora da eficiencia enerxética e das deducións temporais no IRPF, ao non poder executarse as obras nos prazos indicados.

Fontes colexiais recordan que "xa se publicou no DOG un paquete de axudas para concellos de menos de 5.000 habitantes cuxo plazo de solicitude remata en setembro do 2022 e que en breve salirán as subvencións para concellos máis grandes pero, dada a situación actual do sector, cabe a posibilidade de non poder acollerse a estes fondos europeos".

TRABALLOS URXENTES

A escaseza e encarecemento dos materiais de construción non só poñen en peligro as actuacións orientadas a mellorar a eficiencia enerxética dos edficios, senón que está paralizando reparacións urxentes que hai que realizar nas comunidades de propietarios.

En COAFGA xa teñen constancia dun elevado porcentaxe de firmas que tiveron que paralizar proxectos e obras a causa do desabastecemento e ao incremento dos prezos dos materiais. Ademais, teñen un problema engadido cos presupostos porque, manter as tarifas que estaban apalabradas, significa ter perdas cuantiosas.

Dende o Colexio tamén sinalan que executar as obras que estiveron paralizadas durante a pandemia está sendo complicado porque "nin chegan os materiais nin hai man de obra dispoñible.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta