O conselleiro de Sanidade cre que se busca "desprestixiar" a Atención Primaria coas protestas

Julio García Comesaña pediulles aos manifestantes que tamén "axuden" á Administración autonómica e reclamen ao Goberno médicos formados en Atención Primaria.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/11/2021 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, vinculou a manifestación celebrada este domingo en Santiago de Compostela para denunciar as "privatizacións" e os "recortes" na Atención Primaria coa pretensión de "algúns" de querer "desprestixiar" esta asistencia sanitaria.

A preguntas dos xornalistas, trasladou o seu "respecto" ás mobilizacións, pero reiterou, en relación á petición de que a Xunta instaure a presencialidad ao 100%, en que a mesma está "no rango do 60%, que foi o obxectivo que se puxo o Sergas para terminar este ano".

O conselleiro volveu a reivindicar como "fundamental" a atención non presencial "nos momentos máis agudos da pandemia" e reiterou que a Xunta "non vai renunciar a unha ferramenta que xa se puxo en marcha en 2013", dixo sobre a combinación deste modelo coa atención presencial.

Por outra banda, considerou, en referencia ás distintas demandas expostas na mobilización, que foi unha "amálgama". "Creo que a intención da manifación foi outra, algúns o que queren é despretigiar a Atencion Primaria".

Fronte a iso, indicou que a Xunta quere "defendela". Aos participantes na protesta, pediulles tamén que "axuden" á Administración autonómica e reclamen ao Goberno médicos formados en Atención Primaria.

Cuestionado tamén polas demandas de médicos de urxencia que traballan na PAC, dixo que "non hai ningunha área na que as horas que fan os médicos de urxencia esten por encima das fixadas nos acordos", apuntou sobre os alcanzados na mesa sectorial.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, xunto ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.. XUNTA
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, xunto ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.. XUNTA

POSTURAS DE PPDEG E PSDEG

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, asegurou, tras a manifestación da pasada fin de semana, que, aínda que os populares comparten "a preocupación" pola situación da Atención Primaria, marcada pola falta de facultativos, a Xunta non a está "desmantelando" senón que "traballa para mellorala".

"Calquera responsable público de calquera comunidade comparte a preocupación pola situación da Atención Primaria", esgrimiu Puy, quen puxo tamén as dificultades para a recuperación post covid, pero defendeu que o Goberno que dirixe Alberto Núñez Feijóo "actúa con solvencia" para tratar de resolver a súa situación.

Respecto diso, aludiu ao impulso de reunións por parte do Goberno galego encamiñadas a unha "reorganización" do traballo neste nivel asistencial, ademais de pedir que se eliminen os límites para a reposición do persoal, convocar novas prazas na medida das súas posibilidades e demandar que se amplíe a formación MIR --en concreto, para médicos de familia e pediatras--.

"Comparto a preocupación (plasmada nesa manifestación), pero creo que algunhas das mensaxes non son certas. A Xunta non desmantela a Atención Primaria, senón que traballa para mellorala", aseverou.

En fronte, o portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, celebrou a "representación significativa" da sociedade galega e dos partidos rivais do PPdeG na manifestación organizada por SOS Sanidade Pública, ademais de manifestar a súa "preocupación" polo estado da sanidade galega, con decenas de prazas de médicos de familia "sen cubrir" e "centos de xubilacións" previstas.

Todo iso, advertiu, mentres o presidente galego móstrase "preocupado" por unha posible nova onda covid pero "recorta orzamento" do ámbito sanitario, e non renova a parte do persoal de reforzo contratado.

"O PP segue preferindo a sanidade pública de contratos temporais, falta de compromiso e enfraquecemento das áreas", avisou, antes de concluír que os socialistas "sempre traballarán e participarán dos movementos" que velen pola sanidade pública.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta