A imaxe, o marketing dos políticos (que non marketing político) e o medo, fan desta especie de debates verdadeiros bodrios.
Se un debate se centra nas municipais, non se entende moi ben que estean presentes candidatos a gobernar este paisiño. Como se dixo por aquí: non ten o bng a ninguén que represente un prototipo de alcalde ou ten que irQuintana sempre porque é o máis listo, porque non sabe delegar, porque a súa figura non é demasiado visible (que debe ser o argumento de Feijoo), porque é un debatedor nato...?
A presenza dos candidatos do pp e do bng ben pode ser entendida porque se entende que hai que ir medindo as forzas para as próximas autonómicas.
Dende logo, a posición máis intelixente é a de non ir, aínda que tamén a máis cobarde. Evítase o enfrontamento coa vicepresidencia e a imaxe (sempre malinterpretada) de que Quintana e Touriño discutan e amosen en público os seus desacordos: a sociedade galega non o entendería. Máxime cando o pp é especialista en manipular este tipo de cuestións no seu favor político. É máis cómodo (e intelixente, e cobarde...) mandar a Orozco que, polo menos, sabes que vai monopolizar a conversa coa súa "labia" (por certo, non sei se Quintana e Feijoo non lle votarían se votasen en Lugo...).
zorregazos nas cachas para todos...!!!