Un 18% de audiencia no 'Hai debate'

O programa 'Hai debate' acadou onte un 18% do share durante o debate que mantiveron Anxo Quintana, Alberto Núñez Feijoo e Xosé Clemente López Orozco. En total, 121.000 espectadores, 14.000 máis que no anterior debate, e dous puntos máis de share. Este espacio foi o terceiro máis visto en Galicia, tras 'Mira quien baila', de TVE e CSI, de Telecinco.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 15/05/2007 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

8 Un

Repito por decima vez.
Algunha vez no mundo, en calquer pais, lander, estado federal ou Autonomia, se ten celebrado algún debate entre candidatos a presidente, nunhas eleccións onde NON se elixe Presidente?

7 María

Non ir so ten un nome por moitas voltas que se lle queran dar:
cobardía.

6 observador

Touriño non foi porque non ten ningún sentido que un presidente e un vicepresidente do mesmo Goberno se poñan a discutir diante da audiencia cando se trata dunha eleccións municipais, non dunhas eleccións autonómicas. O que pasa é que Quintana, o mesmo ca maioría dos do BNG, aínda no se deu de conta de que non se pode ser goberno e oposición ó mesmo tempo. Hai un mal que persegue ó BNG dende sempre e que fai que se comporten deste xeito: o medo a que, como vai suceder unha vez máis, o PSOE rentabilice mellor o seu mandato na Xunta.

5 Pardellas

¡Meu Deus! ¡Este país volveuse tolo! ¡Comparar o nivel intelectual do enfermeiro Quintana co do profesor Touriño! Estamos volvéndonos tolos ou a algúns os come o sectarismo

4 gon

a actitude de Torito só podería ter unha leitura positiva, que sexa conscente da súa mediocridade. mais non é así. As súas desculpas son tan absurdas como a súas frases. Se era un debate de candidatos xunto con Orozco tería que ir Xosé Anxo Laxe e García Díez. debate de Lugo, porén semella que era un debate de líderes das principais organizacións políticas e nese caso, senon vai Pachi debería ir Torito, non?