Declaran extinguido o incendio en Entrimo despois de queimar 3 hectáreas do parque natural do Xurés

A superficie afectada é de 3,05 hectáreas, todas elas dentro do parque natural Baixa Limia Serra do Xurés, que este outono rexistrou xa varios incendios forestais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2021 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

Os servizos de extinción apagaron o incendio que este luns queimou tres hectáreas o parque natural Baixa Limia Serra do Xurés no municipio ourensán de Entrimo.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume declarouse minutos despois das 15,00 horas deste luns na parroquia de Pereira.

Ás 17,00 horas quedou controlado e unha hora máis tarde, ás 18,01 horas, foi dado por extinguido. Nos servizos de extinción participaron un axente, cinco brigadas, dúas motobombas e medios aéreos.

A superficie afectada é de 3,05 hectáreas, todas elas dentro do parque natural Baixa Limia Serra do Xurés, que este outono rexistrou xa varios incendios forestais.

Un brigadista loita contra o lume no Xurés
Un brigadista loita contra o lume no Xurés

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta