A Xunta destina 1,5 millóns en propaganda da súa xestión covid e do seu polo aeroespacial

A Xunta de Galicia ten destinados máis de 15 millóns nos últimos meses en contratos publicitarios que teñen coma finalidade insertar campañas institucionais nos principias medios de comunicación de Galicia e, en menor, de España.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/12/2021 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A Xunta non para de inxectar diñeiro público en forma de publicidade institucional aos grandes medios de comunicación para que informen adecuadamente das súas políticas institucionais, especialmente, en campos tan sensibles como o da xestión da Covid

Publicidade da Xunta nun centro de vacinación
Publicidade da Xunta nun centro de vacinación | Fonte: Xunta.gal

Non é a primeira vez, nin será a última, que o Goberno galego utiliza cartos que poderían servir para mellorar a atención sanitaria en custosas campañas que insire en medios afíns, principalmente, os medios de comunicación tradicionais. Desta volta, a Secretaría Xeral de Medios está xestionando un acordo marco de servizos de campañas institucionais de difusión de información sobre as actuacións da Xunta no marco da actual situación de desescalada da pandemia da Covid-19. En total, 495.000 euros.

Este diñeiro súmase aos 5,4 millóns de euros que xa manexa este departamento dirixido por Mar Sánchez Sierra. Unha cantidade de cartos a repartir entre os principais medios de comunicación galegos e españois entre finais do 2020 e 2021, os anos no que o impacto económico da Covid é moi importante con sectores que aínda non se teñen recuperado desta crise sanitaria.

DIÑEIRO PARA FALAR DO POLO AEROESPACIAL

Non é a única institución do Goberno galego en gastar diñeiro público en campañas publicitarias. Tamén a Axencia Galega de Innovación destinará case un millón de euros (991.000 euros) para un servizo de asistencia técnica para actividades de comunicación e márketing público do novo período de programación da Civil UAVs Initiative.

Este novo período pretende impulsar o coñecemento galego no sector aeroespacial e consolidar o investimento público-privado, "contemplando todas as actuacións capaces de consolidar Galicia como un polo aeroespacial de referencia mundial no desenvolvemento e ensaio de aeronaves non tripuladas", segundo a Xunta.

Por iso, ese millón de euros estará destinado, a "vender" nos medios de comunicación as infraestruturas existentes en torno ao aeródromo de Rozas como o Centro de Investigación Aerotransporta (CIAR), apoiar a I+D+i especializada en vehículos non tripulados ou realizar actividades de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas destinadas aos máis novo. Uns cartos que tamén poderían ser empregados para mellorar os contratos dos investigadores galegos, moitos dos que teñen que marchar ao estranxeiro para ter estabilidade laboral.

15 MILLÓNS

Xunta de Galicia ten destinados máis de 15 millóns de euros nos últimos meses en contratos publicitarios que teñen coma finalidade insertar campañas institucionais nos principias medios de comunicación de Galicia e, en menor, de España. E, iso, sen ter en conta contratos menores ou convenios puntuais cos medios de comunicación que fai que a cifra que o Goberno galego destina a propaganda se dispare.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 viene omicrón

¿Es broma??? quisieron ahorrar 1 millón de euros en el servicio de rastreadores o CSC dándosela a Abai group sin tener experiencia covid19 ni medios humanos y técnicos!!! que gracias a que no son capaces de responder a la demanda de casos y contactos dia a dia se está extendiendo como la espuma el coronavirus. Que si llamas al 981219015 no te contesta nadie porque no existen!!! Y ahora venden el discurso de invertir millones en publicidad COVID19. Esta gente no tiene nombre. que metan los millones en la gestión de rastreo y CSC y que se dejen de vender humo al pueblo. !!!!Que más da la información en la tv, las pancartas, etc.!!!! Si después el 981219015 no existe ni hay nadie detrás del teléfono. Recomendación!!!! !!!!Llamen mejor al 881540045 para todo lo relacionado con el Covid 19 en Galicia!!!!

1 Gamela

Mentras reciben subvencións millonarias os "principais medios" levantan muros de pago para cobrar dúas veces pola información. Parece claro que a ningún partido político lle interesa frear esta sangría que ademáis restrinxe a liberdade de prensa en Galicia (La Voz de Galicia) e fóra de Galicia (La Vanguardia). Por iso levamos o asunto á Conferencia sobre o Futuro de Europa por ver se alguén se fai eco desta deriva antidemocrática que amordaza no só a información senon a libre competencia dos medios de comunicación. https://futureu.europa.eu/processes... Se queren cobrar subvencións públicas (Publicidade Institucional) como mínimo que levanten os muros de pago e se queren mantelos que renuncien a seguir cobrando cartos públicos !

1 Gamela

Ante esta agresión contínua á Liberdade de Información penso que deberamos COIDAR aos medios que ofrecen unha información libre, veraz i en aberto (como debe ser) evitando silenciar aos medios non adictos ao réxime de subvencións públicas, e para iso non queda outra que rascar o bolsillo e suscribirse ao Galicia Confidencial que ben o merece, moito máis que calquera outro medio, se temos en conta un detalle non menor, GC permite a liberdade de expresión e mesmo incentiva as colaboracións a través do GCAberto ¿víchedes algún outro medio que dea máis por menos? Achegas Aquí : http://www.galiciaconfidencial.com/... Pasade unhas Boas Festas !